No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.
A xornada de formación práctica dixital (e-martes) que se desenvolverá o día 12 de novembro de 2024 abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida. (Dentro deste grupo entran os funcionarios de xustiza.)
• Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
• Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 6 de novembro de 2024.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras