Onte tivo lugar a constitución do
Comité de Intervención que se integra dentro do Protocolo de acoso laboral que
actualmente existe na Administración de Xustiza en Galicia. O STAJ forma parte
deste Comité, xunto con Uso, Uxt e Cut segundo os resultados das eleccións
sindicais celebradas no ano 2023. Devanditos membros recibirán formación
especializada en acoso laboral para ter coñecementos concretos do tema.
As funcións deste Comité de Intervención son:
-Recibir a solicitude de intervención por escrito consonte o modelo establecido no protocolo.
-Levar a cabo, cando proceda, a investigación dos feitos, elaborar o correspondente informe con conclusións e propostas e remitirllo á Dirección Xeral de Xustiza.
-Realizar propostas para revisar de xeito continuado o protocolo, así como impulsar a redacción doutros procedementos específicos para previr situacións de conflito laboral.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras