jueves, 17 de octubre de 2024

EGAP: Webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois

No DOG de hoxe publícase a resolución do 8 de outubro de 2024 pola que se convoca o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois.

Persoas destinatarias: Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Data: xoves 31 de outubro de 2024.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.

Duración: 2 horas lectivas.

Número de prazas: Cen (100).

Inscrición: As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 29 de outubro de 2024.

Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, no horario das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras