lunes, 26 de agosto de 2024

Xulgados do penal de Ourense: máis dunha década sen solucións definitivas

Os Xulgados do Penal de Ourense levan reforzados e apoiados por persoal interino e titular, respectivamente, dende hai máis de 10 anos de forma ininterrumpida. No caso dos reforzos, césanos e volven nomear a outra persoa para o posto. No caso do persoal de apoio, ánclanse a estes Xulgados e non se moven, e así durante máis dunha década.

Son innumerables as propostas solicitando a creación dun Penal 3 en Ourense, facendo caso omiso destas solicitudes tanto o Ministerio, o CXPX como a propia DXX ou o TSX de Galicia. Ainda que este ano na proposta remitida polo TSXG sí o incluiron na lista de prioridades, considerouse que debía ír ao final das prioridades, facendo unha lectura de que  “é prioritario, pero non demasiado”, a pesares de ser histórica esta petición e esta necesidade.

Como fuxida hacia diante, seguen nomeando reforzos e renovandoos, sen crear prazas e sen dar solución definitiva á inxente carga de traballo que soportan estes Xulgados. Tamén asignan persoal do servizo de apoio que,  en vez de apoiar cargas de traballo puntuais no resto de órganos de forma dinámica, traballa ano tras ano no mesmo Penal porque se precisa ese persoal para sacar o exceso endémico de traballo. A solución aplicada pasa por deixar sen apoios aos demáis xulgados, non crear prazas para os xulgados penais e seguir enquistando o problema. 

Agrávase esta situación no momento en que o persoal nomeado de reforzo cesa por levar máis de tres anos nestes xulgados. Neste caso, tardan de 2 a  3 meses en nomear outro e queda o resto da infradotada plantilla afogada cunha carga de traballo insoportable. No Penal 2 de Ourense, cesou un reforzo en xullo e a día de hoxe ainda non hai outro nomeado. 

Dende STAJ acabamos de presentar outro escrito solicitando o nomeamento urxente dos reforzos cesados (de forma inminente xa para o Penal 2),  e a creación de mínimo dúas prazas para cada xulgado do penal de Ourense.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras