Hoxe publícase no DOGA a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para os graos extraordinarios I e II, a dirección xeral ACORDA:
Aprobar a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.