miércoles, 8 de mayo de 2024

Nota Informativa sobre a solicitude de Traxectoria Profesional concurso de traslados.

A DXX achéganos  nota informativa sobre a solicitude da traxectoria profesional das persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia como consecuencia da Resolución do concurso de traslado do 24 de abril de 2024.

Con esta nota que acaba de chegarnos, a Dirección Xeral parece que non permite que se poida solicitar, polo persoal que ven a Galicia no concurso, a traxectoria profesional a partires da publicación no BOE o día 10 deste mes, e ata a finalización do prazo o día 21, tal como lle pedimos dende STAJ unha vez que nos dixeron que era imposible ampliar o prazo sen modificar o acordo. 
Tentaremos que nos den contestación concreta ao solicitado por escrito e faremola pública.
Con esta decisión a DXX deixa fora da concesión da traxectoria a tódolos xestores/as e auxilios que veñen de fora, xa que cesan o 21 e non poden tomar posesión ata o 22 polo menos.

DEIXAMOS A NOTA COMPLETA

"Aquelas persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia como consecuencia da Resolución do 24 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 27 de setembro de 2023, poderán solicitar a traxectoria profesional a través da OPAX unha vez conste a súa toma de posesión na Dirección Xeral de Xustiza.

O acceso a OPAX da persoa funcionaria para presentar a solicitude realizarase das seguintes formas:

- Se dispoñen de certificado persoal/DNI electrónico poderán facer uso do “Acceso con certificado”.

- No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI pero das cales consta unha dirección de correo electrónico no seu expediente na Dirección Xeral de Xustiza, deberán solicitar unha contrasinal no apartado habilitado na pantalla de acceso de OPAX. O sistema enviaralles instrucións á dirección de correo electrónico.

- No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI e das que non conste unha dirección de correo electrónico, deberán realizar un incidente no acceso habilitado na pantalla de acceso de OPAX."

Dixamos o PDF por si tendes algún problema no acceso á OPAX.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras