Hoxe publícase no BOE a resolución pola que se resolve de forma definitiva o concurso de traslados dos corpos de xestión, tramitación e auxilio convocado no ano 2023. Por ámbitos, estas son as resolucións publicadas en el BOE (y DOG en Galicia):
Como regla xeral os ceses serán en Tramitación Procesal e Administrativa, o 17 de mayo de 2024, venres e Xestión Procesal e Administrativa e Auxilio Xudicial, o 21 de mayo de 2024, martes, a excepción de Galicia, onde os cesamentos para o persoal destinado en Galicia deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican:
- tramitación procesual e administrativa, o 20 de maio de 2024, luns (ao ser o día 17 de maio inhábil na Comunidade Autónoma de Galicia);
- xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, 21 de maio de 2024, martes.
Canto a aquel persoal funcionario que estea desempeñando un posto de traballo en comisión de servizos, non será necesario que se desprace ao órgano xudicial de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento; poderá realizalo no órgano en que estea a prestar servizos, para o cal as xerencias farán chegar os documentos ao órgano en que o concursante estea desempeñando a comisión. O prazo posesorio que lle corresponde gozar a este persoal contarase tendo en conta a localidade do posto que está a desempeñar efectivamente en comisión, non a do que tivese reservado, e a localidade do obtido no concurso.
A toma de posesión do novo destino obtido por concurso para o persoal funcionario indicado no punto anterior producirase nos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se non hai cambio de localidade do persoal funcionario, ou nos oito días hábiles seguintes
se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades
é o de orixe coma se é o de destino.
O cesamento e o cómputo dos prazos posesorios produciranse cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que fosen concedidos ás persoas interesadas; nese caso, o cesamento efectuarase o mesmo día da incorporación das devanditas persoas ao seu posto de traballo, e comezará entón a contar o prazo posesorio correspondente. Unha vez efectuada a toma de posesión, o prazo posesorio considerarase como de servizo activo para todos os efectos. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso.
Accede a las instrucciones de cese y tomas de posesión en Galicia
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras