viernes, 10 de mayo de 2024

Autocapacitación | Dispoñible a actividade "Benvida ao órgano xudicial"

Están dispoñibles na intranet as actividades actualizadas de "Benvida ao órgano xudicial" na Plataforma de capacitación de Xustiza Dixital.

Cales son as novidades que incorporan?

Abríronse novamente con motivo de cambios de deseño e de contidos. Tamén se habilitou a opción de automatriculación, é dicir, podes solicitar a matriculación por Axudot, como ata o de agota, ou podes matricularte ti mesmo desde a Plataforma de Teleformación.

A quen van dirixidas?

Ambas actividades van dirixidas ás persoas recentemente incorporadas ao órgano xudicial e que pertencen a un destes perfís:

Corpos e escalas de xestión e tramitación procesual e administrativa

Auxilios xudiciais.

Se desexas adquirir os coñecementos necesarios para desenvolverte no teu posto de traballo, é recomendable que realices a que se dirixe ao teu perfil profesional

Como me matriculo?

Preme no botón da actividade que corresponda. Logo deberás iniciar sesión na plataforma co teu usuario corporativo da Xunta e o contrasinal. Por último premes sobre o botón "Matricularme".

Consulta os contidos da actividade para CAX


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras