viernes, 8 de marzo de 2024

STAJ reitera a solicitude de teléfonos para todos os funcionarios

STAJ presentou  xa fai máis dun ano escrito a DXX solicitando un teléfono por funcionario nos Xulgados de Galicia.

Como xa expuxemos e agora volvemos manifestar, é necesario ter un teléfono por mesa xa que na actualidade e por mor do expediente xudicial electrónico, para ver e realizar as distintas actuacións xudiciais empregase o computador; cando un cidadán ou profesional interesase por un procedemento  o funcionario ten que desprazarse ao teléfono para poder darlle resposta despois de consultar o expediente.

Isto unido o papel cero e o teletraballo  (actualmente non o temos en xustiza, pero é algo que se recuperará),cando un funcionario opta por teletraballar, O que se ten que facer e desviar o teléfono do xulgado e así poder atender os seus procedementos, de non ser así, será o resto de compañeiros os que se teñen que encargar de solucionar as dúbidas dos cidadáns ou profesionais que chaman. Isto retarda a marcha do xulgado, xa que a persoa que leva o procedemento é a que mellor e máis axiña pode contestar a esas dúbidas.

Por todo o manifestado desde STAJ solicitamos a DXX que proceda a dotar aos órganos xudiciais de Galicia dun teléfono por funcionario, para evitar estes problemas que de outra forma non se poden solucionar



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras