miércoles, 27 de marzo de 2024

Próxima publicación Traxectoria Profesional

O próximo día 5 de abril de 2024 está prevista a publicación no DOG da Resolución do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de 8  de febreiro de 2024 polo que se aproba o acordo acadado o 17  de xaneiro entre a Xunta de Galicia e as organización sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o 8 de abril de 2024.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras