viernes, 15 de marzo de 2024

EGAP. Formación continua violencia de xénero

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal da Administración de Xustiza de Galicia .

O prazo de presentación de solicitudes será DEZ DÍAS NATURAIS a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras