viernes, 22 de marzo de 2024

EGAP: Actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

Hoxe publícase no DOGA a RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal.matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco. 

VER DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras