martes, 12 de marzo de 2024

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico: convocatoria no DOG

No DOG de hoxe convócanse tres cursos de prevención de riscos laborais,  nivel básico de 60 horas cada un e coa modalidade de teleformación.

Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

 O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 25 de marzo de 2024.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Accede aquí á resolución do DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras