JOSÉ LUIS BUJÁN MOSTEIRO, en calidade de delegado sindical do sindicato de Traballadores/as da Administración de xustiza (STAJ) pola provincia de Lugo.
Dende o xulgado de Primeira
Instancia e Instrucción nº 1 de Monforte de Lemos pediuse persoal de reforzó en
numerosas ocasións pola Letrada da Administración de Xustiza de dito xulgado,
petición que é apoiada por este sindicato (tamén en varias ocasións) sabedor da
necesidade dunha persoa do corpo de xestión procesual e administrativa, xa que
este órgano leva o Decanato, polo que lle corresponde tamén o rexistro e
reparto de asuntos, así como Violencia
de Xénero, e motivado pola gran carga de
traballo que soporta, a elevada pendencia ademáis de que o volumen de asuntos
que entran neste xulgado vai en aumento e tendo en conta que dito Xulgado ten
un funcionari@ menos que o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de
Monforte de Lemos con menor carga de traballo, faise indispensable un
funcionari@ de reforzó para este xulgado.
Por todo isto SOLICITAMOS que se
dote ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Monforte de Lemos con carácter urxente dun/una funcionario/a
de reforzo do corpo de xestión procesual e administrativa, ou no seu defecto un
funcionari@ do corpo de tramitación procesual e administrativa e que se
consolide dito reforzo, xa que como dixemos anteriormente, e un órgano que
conta con Decanato e Violencia de Xénero, sendo insuficiente a plantilla da que
se dispón actualmente.