jueves, 15 de febrero de 2024

Horario especial e condicións de traballo nas oficinas do RC de A Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol , Lugo, Ourense e Pontevedra

No DOG  de hoxe  publicase RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas do Rexistro Civil da Coruña, de Vigo, de Santiago de Compostela, de Ferrol, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra.

Os horarios que se establezan deberán respectar en todo caso o horario de audiencia pública, este será ininterrompido das 9.00 ás 18.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados, e especifica que a atención directa á cidadanía durante esta franxa horaria se organizará a través de quendas voluntarias e incentivadas, conforme o previsto no artigo 6 da mesma orde.

O persoal funcionario dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada das 9.00 ás 18.00 horas interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, das 14.30 ás 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de modo que se garanta a apertura ininterrompida da oficina das 9.00 ás 18.00 horas


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras