Desde a Xunta de Persoal de Pontevedra remitiuse no día de hoxe escrito a DXX para solicitar un simulacro de incendios e evacuación na Cidade da Xustiza de Vigo.
Este é unha cuestión de máximo interese para os traballadores en tanto en canto é un edificio de 19 prantas máis un anexo onde acuden a diario entre: cidadáns, funcionarios, traballadores, profesionais da xustiza etc, máis de cincocentas persoas, o cal, xa de por si é un motivo máis que suficiente para un simulacro de incendios e evacuación.
Desde STAJ xa presentamos escrito nesta linea en xuño do ano pasado e polo tanto apoiamos e compartimos enteiramente o solicitado por parte da Xunta de Persoal de Pontevedra e esperamos que a Xunta proceda no prazo máis breve posible a realizar un simulacro de incendio e evacuación, así como se proceda a dar formación os traballadores de xustiza para que sepan como actuar nunha situación de risco como esta.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras