Onte tivo lugar en Vigo a constitución da nova Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra, órgano que representa tódolos funcinarios/as da administración de Xustiza da provincia, unha vez constituida pasouse a elección do Presidente e Secretario da mesma, foron elixidos os candidatos propostos por STAJ para presidente Roberto Fariña e para Secretario Paulino Flores o obter a maioría necesaria.
Temos que dar as grazas aos delegados de persoal que votaron polos nosos candidatos e a tódolos funcionarios que nas pasadas elección votaron a STAJ, xa que foi grazas a todos/as vos como poidemos chegar ata aquí.
Reiteramos o noso compromiso cos compañeiros/as e manifestamos a nosa intención de potenciar a labor da Xunta de Persoal para seguir defendendo e mellorando os nosos dereitos e as nosas condicións laborais, dende o órgano representativo que agrupa a tódolos sindicatos con representación e a tódolos/as funcionarios da provincia.
Moitas grazas a todos/as.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras