Solicitantes:
O persoal funcionario de carreira
con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo
activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
No caso dos funcionarios que
estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data
de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis
meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.
Prazo e modelo para presentar ás
solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.
Todas as persoas solicitantes
deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario
electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de
Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6
da Resolución de 21/3/2022.
Coa solicitude débese adxuntar o
informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano
competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza.