Debido
á reclamación efectuada no día de onte polo sindicato STAJ á DXX por non ser abonadas
as cantidades correspondentes ao grao II na nómina de xaneiro dos corpos de
xestores e médicos forenses, acabamos
de recibir o seguinte correo electrónico aclarando porque non
se abonou a cantidade correspondente ao grao II da traxectoria profesional na
nómina de xaneiro deste ano aos xestores e médicos forenses.
Aclaración grao II nómina xaneiro
CMF e CXPA
"Informamos
de que na nómina de xaneiro de 2024 do persoal funcionario do Corpo de medicina
forense e do Corpo de xestión procesual e administrativa que teñen recoñecido o
dereito a percibir o complemento correspondente ao Grado II en base á súa
traxectoria profesional non consta actualizado o importe correspondente ao
devandito complemento. Este persoal percibiu o 60 % do complemento cando, en
2024, debería incrementarse a porcentaxe ata o 80 % do seu importe total.
Están a realizarse as dilixencias oportunas para corrixir este erro e aboar a diferenza canto antes, de ser posible, na nómina de febreiro."
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras