Na RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do
Consello da Xunta do 3 de novembro de 2022 polo que se aproba o Acordo do 28 de
outubro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais no seu punto 5º establece que: “Sistema
ordinario de recoñecemento da traxectoria profesional. No prazo de seis meses desde a sinatura deste acordo, a
Administración proporalle á Comisión de Seguimento o desenvolvemento
regulamentario do sistema ordinario de recoñecemento da traxectoria profesional,
para posteriormente ser negociado na Mesa”.
Pois ben, a finais de setembro deste ano STAJ, catro meses por riba do
prazo, xa fixemos unha solicitude de reclamación a DXX para que cumprira co
disposto na norma é dicir, unha convocatoria de Comisión de Seguimento e xa
levamos un concurso de traslado rematado e imos camiño de que saian as listas
de adxudicacións provisionais neste mes de Decembro e non vemos trazas de resolver antes de fin
de ano unha situación que consideramos inxusta e discriminatoria para os
compañeiros que tendo antigüidades superiores de cinco anos tomaron ou tomarán
destino na nosa comunidade.
Consideramos dende STAJ que en paralelo a negociación das bases, condicións
e requisitos para o acceso polo sistema ordinario, é necesario negociar
e abrir un novo acceso extraordinario ao grao I e II, para que aqueles/as
funcionarios/as titulares. interinos ou en comisión de servizos que non estaban
o ano pasado destinados en Galicia e agora sí, que o ano pasado non cumprían os
requisitos de antigüidade (5 anos, con formación e coñecementos adquiridos na
Administración) e/ou os criterios de avaliación e agora sí, poidan acceder
a traxectoria profesional por o grao extraordinario e non se vexan obrigados a
acceder polo grao ordinario que é moito mais gravoso para os funcionarios/as,
tanto para cumprir os criterios de avaliación como na exixencia dun maior tempo
de permanencia no grao anterior para acceder ao superior.
Tralo o exposto SOLICITAMOS e o mesmo tempo EXIXIMOS a Dirección Xeral de
Xustiza para que se convoque a Comisión de Seguimento
do Acordo co fin de poder tratar o acceso ordinario á traxectoria
profesional e a posibilidade de aceso extraordinario ao grao I e II
para aqueles funcionarios/as que cumprindo os requisitos e os criterios de
avaliación nestes intres, non puideron solicitar acceso mediante o
sistema extraordinario por as razóns anteditas.
STAJ, 12 de decembro de 2023.
Folla informativa