jueves, 7 de diciembre de 2023

Tramitación turno libre: Proba de galego 19 de decembro

AVALIACIÓN DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 19 de decembro de 2023 as 9:00h, na sala 8 da EGAP en Santiago de Compostela.

A acreditación dos tres niveis (celga 4, linguaxe xurídica media e linguaxe xurídica superior) axustarase ao establecido na Orde de 16 xullo 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, (DOG de 30 de xullo de 2007) modificada pola Orde de 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), (DOG de 19 de febreiro de 2014) e Orde de 1 de abril de 2005 (DOG de 14 de abril de 2005).

As probas desenvolveranse do seguinte xeito:

9:00 h-10:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Superior

10:00 h-11:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Media

11:00 h-11:30 h. Descanso

11:30 h-13:00 h. Proba do Celga 4

As valoracións cualificaranse como APTO/A ou NON APTO/NON APTA. Para acadar a acreditación de apto/a no nivel de linguaxe xurídica superior é preciso ou ben obter a cualificación de apto/a nos niveis de linguaxe xurídica media e celga 4, ou ben documentalo. Como anexo móstrase a listaxe de persoas que superaron a oposición e que na solicitude marcaron ou ben realizar a proba de coñecemento de idioma (R) ou documentar e realizar a proba (D-R) e que polo tanto están convocadas o día 19.


Acreditación do nivel de galego:

En canto á aportación da documentación acreditativa do nivel da lingua galega do proceso selectivo do corpo de tramitación procesual e administrativa, quenda libre, convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro; esta deberá achegarse ao seguinte correo electrónico entre o 11 e o 15 de decembro de 2023, ambos inclusive: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras