lunes, 11 de diciembre de 2023

Comision de Servizos: Nova convocatoria e adxudicacions definitivas

Saíu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se publican as adxudicacións definitivas, en comisión de servizo, de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza convocados pola resolucion do 16 de novembro de 2023.


Nova convocatoria de Comisión de Servizos:

Solicitantes:

O persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022.

Coa solicitude débese adxuntar o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras