COMUNICADO
CONXUNTO DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS
Ante a problemática xurdida coa
circular informativa do Ministerio de xustiza, pola que se deixa sen efecto o
teletraballo e tras una longa reunión co Director Xeral de Xustiza, ante
imposibilidade de chegar a un acordo para un texto definitivo no día de hoxe
que permitira continuar co traballo a distancia en Galicia: Todas as
organizacións sindicais decidimos conxuntamente (SPJ[1]USO,STAJ,
Alternativas na Xustiza CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO) a petición do director
Xeral presentar unha proposta de acordo a DXX que permita continuar coa
situación que tíñamos ata agora en Galicia. Con todo, démoslle de prazo ata o
próximo día 13 de novembro para que nos traslade a súa conformidade coa
proposta ou unha solución alternativa.
En Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2023.