O
pasado 5 de xuño os delegados de STAJ reunímonos coa alcaldesa da Coruña Inés
Rey García (ver noticia) para manifestarlle a nosa inquietude e pedir o seu apoio
respecto a a creación do servicio de garda de 24 horas na Coruña e Vigo, e así
tentar liquidar o problema existente que leva arrastrando entre os Xulgados de
Instrución e o Xulgado de Violencia Sobre a Muller destas mesmas
localidades. No día de onte, a reunión foi co alcalde de Vigo D. Abel
Caballero Álvarez para tratar este tema solicitar o seu apoio.
STAJ insistiu na necesidade de implantar o sistema de gardas de 24 horas nas cidades da Coruña e Vigo debido ao aumento da criminalidade por mor da pandemia da Covid-19 e o exceso de poboación flotante que incrementa o número de cidadáns por municipio constituíndo xa un despropósito que sexan os únicos partidos xudiciais a nivel estatal con 8 xulgados de instrución e menos de 10 que non teñen un xulgado de garda aberto permanentemente.
O alcalde mostrouse en todo momento receptivo a establecer este sistema, e comprometeuse a propor unha enmenda ao parlamento de Galicia para incluir unha partida presupuestaria nos orzamentos da Xunta de Galicia para a creación das gardas de 24 horas nas cidades da Coruña e Vigo, incidindo en que trátase dun tema de interese mediático e necesario para a seguridade cidadán. Hai que indicar que para a creación das gardas de 24 horas contamos con informe favorable tanto do TSXG coma do C.G.P.J. (órgano encargado de decidir se son necesarias ou non as devanditas gardas), inclusive desde o goberno de España hai partida orzamentaria destinada o efecto, o único co está a impedir e Xunta de Galicia o non querer financiar a parte que lle corresponde.
Á reunión asistíu tamén a concelleira de política social Dña. Yolanda Aguiar Castro, a cal foi a presidenta da plataforma de ámbito nacional S.O.S. JUSTICIA, partidaria tamén da inclusión das gardas de 24 horas na Coruña e Vigo.
Desde STAJ déuselle traslado dunha copia do escrito presentado o pasado 8 de maio solicitando a implantación dos Xulgados de Garda de 24 horas en Vigo e A Coruña, xustificándonos nas normas de repartición das poboacións de Granada, Córdoba e Alacante, así como na nota de prensa do 15 de xuño de 2022 na que a Xunta descartaba abertamente este servizo, persistindo no acordo entre todos os colectivos da Administración de Xustiza de Galicia e no cumprimento dos trámites previamente establecidos.
Achegamos a esta noticia copia do escrito mencionado.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras