Hoxe ábrese o prazo para a inscrición telemática nos cursos (do segundo cuatrimestre) de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. O prazo remata o 24 de novembro.
Os cursos impartiranse entre febreiro e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.
Solicitudes e prazos de inscrición:
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
Lembrámosvos que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos cursos de linguaxe xurídica galega.