lunes, 13 de noviembre de 2023

EGAP: Webinario Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica. Análise xurídico-administrativa.

Este Webinario terá lugar o 30 de novembro de 2023 na modalidade de telepresenza de 12:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición empeza mañá remata o 23 de novembro  por orde de inscrición.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar o nome do webinario: Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica. Análise xurídico-administrativa.

O obxectivo é analizar a singularidade do teletraballo no sector público e as múltiples implicacións que ten desenvolvelo no marco da organización administrativa. Para iso, ademais de realizar unha extensa análise histórica e doutrinal sobre o seu desenvolvemento, evolución e relación coa administración electrónica, realizarase un estudo comparado entre as lexislacións dalgúns países da nosa contorna como Alemaña, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal ou Reino Unido. Por último, analizarase a lexislación e a xurisprudencia europea, estatal e autonómica sobre a materia, describindo o seu réxime xurídico e identificando as súas necesidades de mellora e evolución futura.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras