Dende a DXX acaban de remitirmos comunicación referente ao teletraballo indicando o seguinte sobre esta modalidade:
- Deberán acudir a cada centro de traballo o 100% dos efectivos dos corpos de xestión
procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial
e médicos forenses, sen prexuízo das licencias e permisos correspondentes, non
sendo posible exercer a modalidade de teletraballo en tanto non se aprobe a súa
regulación específica no ámbito da Administración de xustiza.
Esta medida debe facerse efectiva con carácter inmediato, e en todo caso a partir
do martes 31 de outubro de 2023.
- A atención presencial debe quedar garantida sempre e en todo caso durante o
horario de audiencia pública, sen que poida restrinxirse a dita atención presencial
aos supostos nos que se obtivera a cita previa. Sen prexuízo do anterior, poderán
seguirse a utilizar os sistemas de cita previa de forma compatible coa atención
presencial sen cita, sempre que isto redunde na mellor organización e xestión das
demandas de atención ao público.
Ver comunicación DXX
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras