lunes, 11 de septiembre de 2023

Novo seguro para funcionarios de xustiza en Galicia

En xullo, a Xunta de Galicia firmou un novo seguro que afecta, entre outros, aos funcionarios de xustiza. Atendendo ás dúbidas expostas polos compañeiros, facemos as seguintes aclaracións.

O primeiro é diferenciar entre a adhesión voluntaria á cal xa estamos adheridos por ser funcionarios da Xunta, e a ampliación ao mesmo que se pode facer de maneira unilateral por cada un de nós.

 En canto ao primeiro destacamos: 

1. O seguro por accidente NON está relacionado coa actividade profesional, é dicir, por un accidente que polo motivo que sexa teña como consecuencia: Gran invalidez, Incapacidade Permanente absoluta, total ou parcial, estarase cuberto cunha indemnización cuxo importe máximo é de 49.000 €. 

2. Nos casos de que a invalidez sexa parcial (33%) cobraríase a indemnización que lle correspondese por baremo e continuaría desempeñando o seu traballo. 

3. No referente ao seguro por falecemento, só están cubertos os accidentes, a enfermidade profesional e os infarto de miocardio e cerebral, así como calquera enfermidade vascular.

O falecemento por enfermidade común NON está cuberto.

4. No caso dos interinos SÍ estarían cubertos mentres estean en activo. 

5. A solicitude de indemnización iniciará a súa tramitación coa remisión polo solicitante do parte de sinistro ao responsable de tramitación da súa consellería, utilizando o modelo I e o modelo II, acompañado da documente de que se dispoña, na maior brevidade (ver manual de pólizas de accidentes)

No referente á ampliación ao seguro que se pode realizar unilateralmente, sería: 

1. Ampliación da cobertura da póliza de accidentes ata un máximo de 240.000 € (4,26 €/ano por cada 6.000 € de capital adicional asegurado)

2. Subscribir unha póliza de vida: se queremos que se cubra o falecemento que non está cuberto por enfermidade común, débese contratar unha póliza de vida cun máximo de 300.000 € na cal se parte de cero euros e por cada 6010,12 € que contrate, teño que pagar a cantidade que me corresponda (ver táboa no díptico informativo) tendo en conta a franxa de idade. 

Ex. Unha persoa que teña 50 anos e queira asegurar una indemnzación  12.024 € maior  que  tería que pagar ao ano  37,14 €.

A continuación deixamos os documentos informativos, os modelos de designación de beneficiarios e a póliza de accidentes por si fose do voso interese.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras