lunes, 25 de septiembre de 2023

Cursos de Competencias Dixitais (CODIX): convocatoria no DOG

Hoxe publícase no DOG  por primeira vez a oferta de cursos de formación continua para emprgados públicos impartidos pola EGAP na modalidade de teleformación sobre  Competencias Dixitais (CODIX).


O prazo de presentación de solicitudes será dende o 26 de setembro e ata o 4 de outubro de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.

Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados na seguinte ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).



Para poder participar no curso «De Codix a ComDix iniciación» deberá dispoñerse previamente da certificación Codix. (Toda a información sobre este certificado CODIX atópase na páxina web: https://competenciasdixitais.xunta.gal/




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras