A Lei 18/2011,do 5 de xullo, regula o uso das
tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza
normativizando o uso das mesmas.
No seu artigo 8, dispón que os
sistemas informáticos postos ao servizo da
Administración de Xustiza serán de uso obrigatorio no desenvolvemento da
actividade dos órganos e oficinas xudiciais.
Segundo as Instrucións 1/2022 e 2/2023 da
Secretaría de Goberno do TSJ de Galicia, “para que o anterior sexa posible faise necesario a
utilización de diferentes aplicacións e ferramentas informáticas que deben ser
postas ao dispor polas administracións públicas competentes, así como a formación básica para o seu
uso”.
Precisamente a “formación básica”
é o que solicitamos e consideramos necesario e imprescindible.
En sala cando xorde un problema
coa gravación ou a videoconferencia a única solución é chamar ao CAU coa
dificultade que conleva nalgúns casos contactar con eles.
Cando a videoconferencia realízase con distinta Comunidade Autónoma a
compatibilidade de programas causa mais dun desgusto así como as vídeos co estranxeiro que cada vez son
mais comúns.
Por todo o anterior desde STAJ,
interesamos que se melloren as comunicacións entre as salas de vistas e o CAU
de Xustiza, e así tratar de evitar o bochorno que xera a espera con xestos de
desaprobación e malos modos.
Que se facilite a formación
voluntaria de todos aqueles funcionarios de auxilio, e que poidan realizar
cursos para así ver mellorados os seus coñecementos o cal redundará de forma
beneficiosa na marcha diaria da Administración de Xustiza.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras