miércoles, 12 de julio de 2023

Cursos de formación continua en violencia de xénero

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matrícula desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 da data de finalización.

As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres. 

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionada/o, debe renunciar a un deles.

No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras