Publicado na intranet:
Está dispoñible na Plataforma de teleformación unha actividade en liña na que atopas as gravacións das sesións de capacitación do Plan de reforzo de incorporación ao órgano xudicial dirixido aos corpos de xestión e de tramitación procesual e administrativa.
- Gravación da sesión 1: Minerva nivel inicial.
- Gravación da sesión 2: Minerva nivel medio.
- Gravación da sesión 3: Visor EXE.
Se non pudeches asistir á capacitación ou se precisas afiazar os conceptos impartidos en calquera das sesións, recomendámosche que realices esta actividade en liña.
O obxectivo é apoiar a incorporación ao órgano xudicial e o uso de todas as aplicacións vinculadas ao Expediente Xudicial Electrónico, difundir boas practicas para conformar o Expediente Xudicial Electrónico ou divulgar e ampliar o modelo de aprendizaxe e as ferramentas ao servizo dos usuarios desde o seu posto de traballo.
Intranet-formación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras