Vicente Navarro, Secretario Xeral de STAJ, tras varios días pechado no Ministerio tomando unha medicación moi forte só con auga, foi traladado ao hospital nunha ambulancia.
Tras varios días no que o Ministerio insiste en maltratar e consumir aos membros do comité de folga que están pechados no Ministerio xa ten unha consecuencia directa na saúde dun dos membros, o Secretario Xeral de STAJ, Vicente Navarro, pechado dende o martes, non puido tolerar unha medicación moi forte que precisa por unha doenza que padece porque debe tomala con comida e non pode tomala só con auga, polo que o 112 acordou o seu traslado en ambulancia ao hospital.
Estes dous vídeos coinciden no tempo (esta mañá) e case no espazo: á esquerda o vídeo traslado de Vicente Navarro encerrado no Ministerio sen acceso á comida, no vídeo da dereita e ao mesmo tempo, a escasos metros de alí, o Secretario de Estado de Xustiza, almorzando nunha terraza...
Ao mesmo tempo... seguen as mostras de apoio ao comité e ás reivindicacións que chegan dende todos os lugares do país...
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras