Hoxe publícanse no DOG os permisos retribuídos de que poden gozar as persoas electoras a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 20 de xuño de 2023.
Quen vaia votar o vindeiro día 20 de xuño nas mesas correspondentes ao seu ámbito funcional e territorial, ten dereito a un permiso retribuido polo tempo indispensable para exercer tal dereito, agás os que exerzan o dereito ao voto por correo.
Ao persoal funcionario que goce deste permiso poderalle ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitará da súa mesa electoral.
Se vas votar no mesmo local ou edificio onde estás destinado ou prestas habitualmente os teus servizos: dereito a un permiso de poderás dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.
Se vas votar nun edificio da mesma localidade, pero distinto a onde traballas ou estás destinado: poderás dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.
Se vas votar nunha localidade distinta a onde traballas ou prestas habitualmente os teus servicios: poderás dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.
As persoas integrantes das mesas e os/as interventores/as e apoderados/as das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras