No día de hoxe publicouse no DOG a
RESOLUCIÓN
do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza polo que se da
publicidade ao Protocolo para a prevención, detección, actuación e
resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo,
o contido poderá ser consultado na seguinte ligazón: https://intranet.xustiza.gal/xta/rrhh/prevencion-de-riscos-laborais
Desde STAJ co seu empeño e
insistencia impulsamos as negociacións para que os/as traballadoras de Xustiza tivésemos unha
importante ferramenta que por fin hoxe ve a luz; este Protocolo é o traballo,
moitas veces en solitario, durante seis anos e que ten como fin básico a de
poder defendernos das situacións de acoso que podemos sufrir no noso contorno
laboral, a declaración formal do rexeitamento de todo tipo de conduta de
acoso laboral, en todas as súas formas e modalidades, manifestando, como
principio básico, o dereito de tódolos funcionarios públicos a recibir un trato
respectuoso e digno.
O obxecto deste protocolo é establecer
o procedemento de actuación a través da Dirección Xeral de Xustiza nos supostos
de acoso laboral e outras discriminacións no traballo.
O obxectivo xeral deste protocolo
é definir o marco de actuación en relación cos casos de acoso laboral e outras
discriminacións, coa finalidade explícita de erradicar este tipo de condutas no
ámbito da Administración de Xustiza de Galicia, así como corrixir as
consecuencias inadecuadas derivadas de situacións de calquera tipo de acoso
laboral, así como ir avanzando a obxectivos mais específicos como elaborar
estratexias de sensibilización, obter a información necesaria para a
elaboración de diagnósticos sobre esta temática dentro da organización ou a de garantir
a seguridade, integridade, confidencialidade e dignidade das persoas afectadas e
a aplicación das medidas que se produzan en cada caso, para a protección das
vítimas en todo momento, incluíndo as medidas preventivas que sexan necesarias,
rematar co acoso e se é necesario, aplicar as medidas sancionadoras que
correspondan.
Así mesmo prevese un sistema de
mediación en calquera fase do procedemento ambas partes e de forma voluntaria
poderán solicitar a incoación da
institución da mediación. Será o Comité de Intervención quen designará dúas
persoas que estean adecuadamente formadas.
Os datos das denuncias son
confidenciais garanten a protección das vítimas en todo momento.
Traballamos na peculiar Administración
de Xustiza, onde se atopan varios colectivos dependentes de varios organismos
(Ministerio de Xustiza, Consello Xeral do Poder Xudicial e Xunta) que fan complicado
elaborar un procedemento eficaz de resolución deste tipo de conflitos, por iso é
necesario traballar na coordinación cos protocolos aplicables no ámbito das
devanditas organizacións.
Queda moito por facer e traballar,
este é só un paso, dende STAJ seguiremos traballando todo o posible para
melloralo co tempo, pero o reto está conseguido, con este instrumento xa non somos tan vulnerables ante actuacións de acoso e prepotencia.