martes, 18 de abril de 2023

Artigo periodístico moi aclaratorio sobre a orixe e as causas do conflicto na Xustiza.

O nos compañeiro Enrique Araujo (KIKE) do Sindicato STAJ, no día de onte fixo varias declaracións aos xornalistas para explicar os motivos das nosas reivindicacións. As súas palabras foron moi ben recollidas neste artigo do Diario de Pontevedra, no que se  describe e explica a orixe e fundamentos das nosas protestas e os puntos das nosas demandas a nivel nacional. 

"Reivindicamos tres cousas principalmente. A primeira, a paralización ou a negociación da lei Loeo (Lei de Eficiencia Organizativa do Servicio Público de Xustiza), porque é unha lei que cambiará o sistema organizativo xudicial por completo", afirmou Enrique Araujo, Secretario Xeral do sindicato STAJ e membro do comité de folga a nivel galego.

O portavoz sindical explicou que, con esta nova norma, "en Pontevedra pasaría de haber case 30 xulgados a simplemente haber un tribunal de instancia con catro seccións: contencioso, social, civil e penal". Isto suporía, tal e como apuntou Araujo, "que haberá unha mobilidade forzosa". 

"Coa lei Loeo haberá unha mobilidade forzosa e non teríamos unha mesa concreta"

"Agora mesmo todos temos un posto de traballo nun xulgado concreto e sabemos as funcións e o traballo que temos nese posto de traballo, pero con esta lei non teríamos unha mesa concreta. Haberá un xefe que vai poder moverte en base a criterios que están sen definir, aínda por riba. Por cargas de traballo excesivas, porque falta xente en un sitio..., e aos titulares poderían estar movéndoos constantemente, sen ter unha mesa e un traballo concreto entre seccións ou entre equipos dese mesmo tribunal de instancia", denunciou.

Regulación de funcións

Máis aló de reclamar a negociación desta lei Loeo, os funcionarios dos corpos xerais esixen tamén a regulación das súas funcións. 

"O 90% das funcións que facemos, as teñen sobre o papel os letrados, pero despois facémolas nos, eles simplemente as supervisan. Sería imposible que eles fixeran todas as funcións porque necesitaría ter entre cinco ou seis letrados por xulgado, e só hai un. Realmente somos nós os que as facemos, e somos casi o 90% dos traballadores da Administración de Xustiza. O que queremos é que se nos regulen exactamente os traballos que temos que facer", insistiu Araujo.

"O 90% das funcións que facemos, as teñen sobre o papel os letrados, pero despois facémolas nos, eles simplemente as supervisan"

Esta regulación de funcións debería ir vinculada, tal e como apuntan os funcionarios afectados, a un incremento salarial. "Téñennos que pagar por esas funcións. Se aos letrados se lles paga por telas sobre o papel, con máis razón terían que pagar a quen realmente as estamos a facer día a día. Se nós non vimos a traballar, isto non funciona", apuntou o portavoz do sindicato STAJ.

Os traballadores dos corpos xerais lembran tamén que os xuíces tamén teñen "xa unha mesa de tribucións señalada para o 3 de maio", o que implica "que xa hai unha proposta económica e lles van subir o soldo". Por iso, señala Araujo, "o que non podemos nós é quedarnos atrás porque hai unha discriminación enorme e esa brecha salarial e esa desproporción de retribucións é algo inasumible".

"O que non podemos nós é quedarnos atrás porque hai unha discriminación enorme e esa brecha salarial e esa desproporción de retribucións é algo inasumible"

Protesta en Madrid

Tras a concentración de hoxe, os 250 funcionarios afectados en Pontevedra por esta situación están chamados a unha manifestación que se celebrará o mércores en Madrid

"O conflito non é coa Xunta, é co Ministerio de Xustiza, entón as mobilizacións grandes van ser a nivel nacional. Este mércores vai haber unha gran manifestación en Madrid de todos os funcionarios, poden acudir alí dende o Ministerio de Xustiza ata o Ministerio de Facenda. En Pontevedra, a vindeira semana haberá seguramente outra concentración nos sete grandes xulgados de Galicia e, se isto se alongase, deseñaríamos algunha outra protesta", confirmou Araujo.

"Hai unha brecha salarial retributiva"

O Secretario Xeral do sindicato STAJ recordou esta mañá que os 450 euros acadados polos letrados tras a súa folga, "son a punta do iceberg". "Eles pedían 1.100 euros e lle deron 450 de forma directa, pero ademais, hai que lembrar tamén que váiselles crear a carreira profesional que non teñen, que seguramente será bastante superior a nosa, e váiselles dar mellores sustitucións, ademais de pagarlles máis produtividade. É dicir, non se levan os 1.100 que pedían pero conseguiron bastante máis do que pensamos", apuntou Enrique Araujo.

Isto crea, segundo él, "unha brecha salarial retributiva entre os corpos que traballamos na mesma administración".

Sen olvidar tampouco, engadiu, "os 195 euros que levaron o ano pasado nunha negociación que, ao principio, ía ser para subir o soldo só ao ámbito do Ministerio. Só quedamos nós".

Ver o artigo completo no Diario de Pontevedra

 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras