martes, 7 de febrero de 2023

Xuíces que non usan os medios telemáticos: STAJ pide ao Director Xeral que interveña.

Despois que mandásemos un escrito ao Presidente do Tribunal Superior de Xustiza (VER a información publicada o 15/12/2022 no noso blogdenunciando que hai xuíces que non utilizan os medios telemáticos e que obrigan aos funcionarios a imprimir todo o que chega ao xulgado ou sección en formato electrónico, que hai xuíces que obrigan aos funcionarios a pasar ao expediente electrónico as súas resolucións feitas en formato papel a man, e algúns que aínda asinan os autos, providencias e sentenzas a man con boligrafo, despois de que lle pedisemos ao TSXG que ten o deber de rematar con esas prácticas, incluso se fose necesario impoñendo sancións disciplinarias, xa que a Lei os obriga e non poden seguer como si estivesen por riba dela, cargando con máis traballo ao funcionarios e facendolles perder o tempo, cremos que se deben involucrar nesta tarefa tódolos os que teñen competencias na Administración de Xustiza en Galicia, xa son horas de que sexamos unha administración moderna, áxil e adaptada aos tempos, polo que  remitimos escrito ao Director Xeral de Xustiza para que dentro das súas competencias e como membro da Comisión Mixta ( Xunta de Galicia- TSXG) promova ante a Sala de Goberno do TSXG a que este órgano de goberno do poder xudicial,co seu Presidente a cabeza, obrigue aos xuices "rebeldes"a usar os medios telemáticos postos a súa disposición pola Xunta de Galicia e a elaborar e integrar os expedientes en formato dixital de principio a fin, elaborando e asinando a súas resolucións  dixitalmente .


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras