Deixamos o mail que onte lle remitimos dende STAJ ao Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pedíndolle que se tomen as medidas adecuadas, incluidas as disciplinarias se fose necesarias, para rematar canto antes, coa resistencia dun número importante de xuices/xuizas e de maxistrados/as a utilizar os medios informaticos cos que conta a Administración de Xustiza en Galicia.
ENRIQUE ARAUJO
MARTINEZ, Secretario Xeral Territorial do Sindicato de Traballadores/as da
Administración de Xustiza en Galicia (STAJ), con conta de correo electrónico stajgalicia@gmail.com e con teléfono móbil
605 128 068.
Fixo xa once anos da entrada en vigor da Ley 18/2011, de 5 de julio, reguladora do uso das tecnoloxías da información e da comunicación na Administración de Xustiza, norma que no seu Preámbulo describe, e o mesmo tempo consagra, os principais obxetivos da mesma cando di:
La presente Ley regula el uso de las nuevas tecnologías en la
Administración de Justicia. Los principales objetivos de esta norma, son:
primero, actualizar el contenido del derecho fundamental a un proceso público sin
dilaciones indebidas, gracias a la agilización que permite el uso de las
tecnologías en las comunicaciones; segundo, generalizar el uso de las nuevas
tecnologías para los profesionales de la justicia; tercero, definir en una
norma con rango de ley el conjunto de requisitos mínimos de interconexión,
interoperabilidad y seguridad necesarios en el desarrollo de los diferentes
aplicativos utilizados por los actores del mundo judicial, a fin de garantizar
la seguridad en la transmisión de los datos y cuantas otras exigencias se
contengan en las leyes procesales.
Esta mesma Ley sigue a dispoñer no seu
artigo 8 o seguinte:
Uso obligatorio de medios e instrumentos electrónicos.
Los
sistemas informáticos puestos al servicio de la Administración de Justicia serán
de uso obligatorio en el desarrollo de la actividad de los órganos y oficinas
judiciales y de las fiscalías por parte de todos los integrantes de las mismas,
conforme a los criterios e instrucciones de uso que dicten, en el ámbito de sus
competencias, el Consejo General del Poder Judicial, la Fiscalía General del
Estado y las Administraciones competentes, así como a los protocolos de
actuación aprobados por los Secretarios de Gobierno.
Las
Administraciones competentes proporcionarán los medios seguros para que estos
sistemas sean plenamente accesibles y operativos sin necesidad de que los
usuarios se encuentren físicamente en las sedes de sus respectivos órganos,
oficinas o fiscalías.
Como se pode apreciar a ley obriga ao uso, por parte de tódolos integrates das oficinas xudiciais e fiscais, dos sistemas informáticos postos ao servizo da Adminsitración de Xustiza, deducíndose do texto legal, sen ningún xénero de dúbidas, que tamén obriga a xuices/xuizas e maxistrados/as. Incluso no seu artigo 25.1 a norma dispón que se debe impulsar o uso da actividade xudicial electrónica, entendemos que ese impulso debe darse polos órganos superiores do Poder Xudicial, entre eles polos Tribunais Superiores de Xustiza, co seus Presidentes á cabeza.
Esta obriga, destinada tamén aos
integrantes do Poder Xudicial, exténdese á correspondente formación e
tramitación por medio do expediente xudicial electrónico e a utilización, dentro
do expediente dixital, da sinatura electrónica das distintas resolucións que poidan darse no transcurso dun proceso
xudicial, sexa cal sexa o seu ámbito xurisdiccional.
É certo que dende a entrada en vigor da Lei
18/2011, os avances na utilización do medios electrónicos dos integrantes do
Poder Xudicial, postos a disposición pola Administración de Xustiza, na
formación dos correspondentes expedientes electrónicos e da utilización da
sinatura dixital por xuices/xuizas e maxistrados/as é moi alta, sen dúbidas,
pero aínda existen persoas que rexeitan a súa utilización. Existen casos de xuices/xuizas
e maxistrados/as que traballan tanto en órganos unipersoais como en órganos
colexiados, que obrigan aos funcionarios/as a imprimir escritos, probas
documentais, solicitudes, informes periciais, etc, documentos que foron
presentados polas partes e demáis intervintes no proceso en formato dixital, co
aumento da carga de traballo, coa inútil
perda de tempo e o innecesario e inadmisible gasto en papel e toner.
Pero aí non remata a cousa, hai tamén
xuices/xuizas e maxistrados/as que elaboran as súas resolucións xudiciais en
formato papel, a mán e con boligrafo, obringando, unha vez mais ao mesmos de
sempre, a que transcriban esa resolución, moitas veces inintelixible, a
dixitalicen e a integren no expediente electrónico pertinente, volvendo a
malgastar o tempo e a sobrecargar de traballo aos funcionarios.
E xa o colmo da inoperancia e do rexeitamento
da electrónica aplicada a Administración de Xustiza, por parte de determinados
xuices/xuizas e maxistrados/as, moitas veces solo baseada no capricho de “ a
min eso non me da a gaña de aprendelo”, é a sinatura das resolucións en formato
papel e con bolígrafo, estampando a súa rubrica ao final da resolución
correspondente sen o máis mínimo reparo e cheos de razón.
Son horas que, como os demáis traballadores da Administración de Xustiza, tódolos xiuces, xuizas e maxistrados/as se poñan a traballar, sen excusas, cos medios electrónicos que a Administración pon ao seu servizo, facilitando e axilizando a tramitación dos distintos procedimentos e se deixen de dispilfarrar cartos e medios, e deixen de facer perdelo tempo cargando con mais traballo aos funcionarios/as.
É obriga de todos os que traballamos nela,
facer da Adminsitración de Xustiza, unha Administración avanzada, moderna, axil
e eficaz, desterrando para sempre as prácticas e hábitos que manteñen vivos
usos e rutinas que nos trasladan a séculos pasados, e neste cometido os
distintos Órganos do Poder Xudicial, cos Tribunais Superiores de Xustiza e a
súa cabeza o seu Presidente, son pezas importantísimas para poder erradicar eses
comportamentos que non teñen cabida nunha sociedade moderna e nunha
Administración avanzada.
Dende STAJ instamos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ao seu Presidente a que tomen as medidas adecuadas, incluidas as disciplinarias se fose ncesario,para rematar, canto antes, con estas prácticas obsoletas que denunciamos, que aínda están sendo utilizadas por un número importante de membros da xudicatura en servizo activo nesta Comunidade Autónoma.