Cando
visitamos a nova Ciudad da Xustiza de Vigo, os compañeiros que xa están
instalados maniféstannos que existen ruídos molestos e ecos que dificultan a
comprensión auditiva á hora de traballar, manter unha conversación co público
ou falar por teléfono.
Problema sobradamente coñecido cando o volume
do local é grande e as superficies de parede, chan e teito son lisas e non
absorben ben o son.
Sen medo a equivocarnos podemos darlle nomee
ao que está a suceder: Reverberación,
que afecta o noso benestar podendo chegar nalgúns casos a producir danos no
sistema auditivo.
O ruído ambiental ten un importante impacto na
saúde humana, resultando un serio problema de saúde pública mais alá das
molestias. A propia OMS, sinala que a contaminación acústica é o segundo factor
ambiental máis prexudicial para a saúde en Europa, definindo esta como a presenza no ambiente de ruídos ou
vibracións que impliquen molestia, risco ou dano para as persoas no
desenvolvemento das súas actividades.
Estes efectos pódense combater colocando
elementos absorbentes e así evitar o efecto rebote do son.
Cremos que a concreta solución técnica non nos
corresponde a nós como sindicato pero si o poñer en coñecemento o problema
existente e as molestias que está ocasionado, as cales irán en aumento segundo
trasládense máis órganos xudiciais.
Xustificante de presentación