jueves, 9 de marzo de 2023

Queixa sobre ADESLAS en Pontevedra.

Despois de que STAJ, xa no mes de setembro do ano pasado, Ver queixa enviada por STAJ a ADESLAS e MUGEJU , se queixase directamente a ADESLAS do deficiente servizo que presta na cidade de Pontevedra e nas Vilas da zona norte da mesma provincia,  e despois de que STAJ se queixase á MUGEJU do mal funcionamento de ADESLAS no mesmos termos, e visto que apenas se mellorou o servizo, quixemos ir máis alo e que fósedes vos mesmos quen se dirixise a MUGEJU e lle pedírades que obriguen a ADESLAS a ofrecer un servizo médico de calidade.
STAJ ao longo do meses de xaneiro e febreiro recolleu, tanto na cidade de Pontevedra como nas Vilas da zona norte da provincia, as queixas polo deficiente servizo que presta na cidade de Pontevedra e na zona norte desa provincia ADESLAS e as sinaturas  de 207 compañeiro@s adscritos a esa mesma entidade médica que están descontentos co seus servizos medicos . 
As queixas e as sinaturas orixinais foron enviadas por carta a Xerente de MUGEJU en Madrid, solicitando que obrigue a esa entidade médica privada a que cumpra coas clausulas e condicións estipuladas no Concierto Sanitario asinado entre a Mutualidade e Adeslas. 
Esperamos que en breve teñamos noticias de que a MUGEJU esta vez actúa sobre a mala xestion e os malos servizos de ADESLAS e os faga recificar e mellorar a súa asistencia e súas prestacións.

Dende STAJ dámosche as GRAZAS por participar e por asinar.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras