jueves, 9 de marzo de 2023

STAJ pide prolongacións de xornada para as oficinas de rexistro e repartición

O artigo 135.5 de la Lei de Axuizamento Civil dispón:

“A presentación de escritos e documentos, calquera que fose a forma, si estivese suxeita a prazo, poderá efectuarse ata as quince horas do día hábil seguinte ó do vencimento do prazo”

En base a ese artigo a Orde que regula a xornada laboral e o horario nas oficinas da Administración de Xustiza en Galiza, recolle no seu artigo 3.2. o seguinte:

No caso das oficinas de rexistro e repartición, decanatos e oficinas dos xulgados e tribunais que conserven a función de recepción e rexistro de escritos, o horario ampliarase ata as 15:00 horas de luns a venres,  para respectar o disposto no artigo 135.1 da Lei 1/2000 do 7 de xaneiro, de axuizamento civil”.

Como é sabido, estas disposicións tradúcense na práctica, en que determinados traballadores que prestan os seus servizos nas oficinas de rexistro e reparto, e nos decanatos, non poden saír do seu traballo antes das tres da tarde, nin no inverno nin no verán, o que vulnera o seu dereito a dispor, dentro da franxa horaria determinada do horario flexible, obrigándoselles a manterse ata as tres da tarde no seu posto de traballo, incluso non poden desfrutar da flexibilización horaria por fillo menor de 12 anos ou persoa ao seu cargo, cando esa flexibilización se pretende coller ao finalizar a xornada

A situación actual é que a presentación de escritos e demandas formúlase telemáticamente de forma xenérica, sendo poucos os casos nos que a devandita presentación é de forma presencial e aínda é menos común que se presenten entre as 14:00 h e as 15 h.

Este persoal non recibe compensación económica algunha, e consideramos de xustiza que esa obriga legal, que vulnera os seus dereitos, sexa recompensada de xeito económico, mediante unha prolongación de xornada, que nas oficinas onde haxa máis dun funcionario deberá ser rotatoria, mensual e voluntaria. Con esta medida económica non só se lles compensa o esforzo extraordinario que están a facer, e a perda de dereitos.

Por todo o exposto, dende STAJ no día de onte presentouse escrito ante a DXX pola  sede electrónica, solicitando prolongacións de xornada para as oficinas dos decanatos e oficinas de rexistro e reparto, sitos na CCAA de Galicia.  Prolongacións de xornada que alí onde haxa dous o máis funcionarios/as deberá ser mensual, rotatoria e voluntaria.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras