Xa no pasado mes de xuño STAJ, tralo
descontento de moitos compañeir@s, presentou queixa a ADESLAS e ao HOSPITAL
QUIRONSALUD de Pontevedra polos deficientes servizos prestados aos mutualistas
de Mugeju.
A queixa a ámbalas dúas entidades foi sobre
todo, polos menguantes cadros médicos, pola falta de especialistas no cadro médico
e no propio hospital, pola negativa de algúns médicos que figuran no seu propio
cadro de atenderte si eres de Adeslas, polos retrasos e suspensións continuadas
das citas médicas en algunhas especialidades e probas diagnósticas, polo mal
funcionamento no propio Centro Médico Adeslas da plaza de Barcelos, polo deficiente servizo
de atención telefónica, polo falta de persoal en xeral e no Servizo de Urxencias que
apenas conta cun médico de medicina xeral e un traumatólogo, faltando case todas
as outras especialidades, o que determina que, por moitas cousas, te deriven a
outros centros hospitalarios fora da localidade, etc.
A contestación de ambas entidades foi na liña de pedir disculpas, de xustificar a deficiencias na falta de persoal en algunhas especialidades por non atopar profesionais, que están desbordadas determinadas especialidades e se espacian máis deseado as citas,e que intentaran solucionar tódolos problemas o máis rápido posible.
Pero o certo e que tres meses despois todo segue igual e incluso peor, polo que STAJ se dirixiu a MUGEJU solicitando medidas que arranxen os problemas descritos e para que se lle fagan cumprir a Adeslas e a Hospital Quironsalud co Concerto Sanitario asinado coa propia Mutualidade. A Delegación de MUGEJU en Pontevedra, tomou nota das queixas e remitiu o escrito á central de Madrid para que dende ali se requira ao Adeslas a cumprir coas clausulas do convenio asinado.
Deixamos a queixa remitida a MUGEJU na sua literalidade: