ASUNTO: REPARTICIÓN
ORDENADORES TELETRABALLO
Desde
o ano 2020, fomentouse debido á pandemia Covid-19 o teletraballo na
Administración de Xustiza. Actualmente, o teletraballo continúa nesta
Administración, e a Dirección Xeral, xa nos informou no último Comité de Saúde
e Seguridade laboral (celebrado no mes de abril), que ten xa adquiridos e almacenados unha partida de 1700 ordenadores portátiles para distribuír entre aqueles que leven a
cabo esta modalidade de teletraballo.
Son
múltiples as queixas e consultas por parte dos compañeiros/as sobre a
repartición desta partida de computadores, dado que aínda seguen sen distribuírse
a día de hoxe. O borrador existente que regula a normativa do teletraballo na
Administración de Xustiza así o establece:
No
ámbito da Administración de Xustiza, a implantación deste sistema deberá
facerse partindo da voluntariedade por parte da persoa traballadora que se
queira acoller a esta modalidade profesional e da reversibilidade do seu
consentimento unha vez prestado. En paralelo, a
administración competente facilitará os medios que fagan posible o
teletraballo.
Non
é normal que estes computadores sigan almacenados sen ser distribuídos despois
de máis de 6 meses, todos somos conscientes dos avances informáticos día a día,
non tendo sentido que se volvan obsoletos despois de que están xa adquiridos á
espera da súa repartición.
Por
todo o exposto anteriormente, o sindicato STAJ
solicita que o máis axiña posible, a DXX leve a cabo a distribución dos
computadores portátiles que adquiriu entre os funcionarios/as que teletraballen,
fixándose os criterios, publicando a resolución e o prazo de solicitude para
iso.