lunes, 13 de febrero de 2023

Garaxe Cidade da Xustiza de Vigo. Reservadas mais prazas das acordadas polo Decano.





 Continúan os despropósitos no garaxe da Cidade da Xustiza de Vigo, reserváronse máis prazas das acordadas, en concreto 3. As prazas reservadas demáis son a 138-139 e 140 no primeiro soto do garaxe.

Como todos xa sabedes o decano irrogándose unhas atribucións que consideramos que non lle corresponden  reservou mediante Acordo de data 22 de xaneiro de 2022 as seguintes prazas:

    PRIMEIRO - Para uso exclusivo de Maxistrados e Maxistradas as prazas de garaxe 1-103 a 1-118, na planta primeira.

 SEGUNDO.- Reservar para uso exclusivo de Fiscais as prazas de garaxe 1-119 a 1-126, na planta primeira.

 TERCEIRO.- Reservar para uso exclusivo de Letrados da Administración de Xustiza as prazas de garaxe 1-127 a 1-137, na planta primeira.

 CUARTO.- Reservar a praza 1-144 para o Presidente/a de a Sección 5ª da Audiencia Provincial; a praza 1-143 para o Presidente/a de a Sección 6ª da Audiencia Provincial; a praza 1-142 para o/o Fiscal Xefe da área de Vigo e a praza 1-141 para o Maxistrado/a Decano dos Xulgados de Vigo.

 Por se fose pouco tamén está prohibido aparcar nas prazas de garaxe con números 1-138, 1-139, e 1-140, total  tres mais aínda que non estean no Acordo apenas se nota e así o corralito queda mais cadrado.

 Pois que saibades que esas  prazas, por certo moi ben situadas e con facilidade para aparcar non están incluídas no Acordo;  foron reservadas por erro polo servizo de mantemento e queremos que saibades que despois de que STAJ falase con xefe de mantemento e lle explicasemos que estaban reservadas prazas demáis, decatouse do  erro e dixo que pode aparcar nelas calquera funcionario libremente e  sen problemas, ainda que de momento seguen tendo o cartel de reservadas, ata que  se rotulen definitivamente.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras