viernes, 10 de julio de 2026

STAJ defende o aumento das RPTs ante a creación de novas prazas de xuices e fiscais

No Boletín oficial del Estado do 9 de xullo publicouse o Real Decreto 559/2026, do 8 de xullo, de creación de cincocentas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2026 e de adecuación da planta xudicial, e o Real Decreto 560/2026, do 8 de xullo, polo que se amplía e modifica o persoal orgánico do Ministerio Fiscal para adecuala ás necesidades existentes.

O primeiro deles establece a creación de numerosas prazas xudiciais e de maxistrado e maxistrada, en Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Audiencias provinciais e en Tribunais de Instancia de todo o territorio nacional. A maioría destas prazas entran en funcionamento o día 31 de decembro de 2026, e o resto, farao o 1 de xuño e o 1 de novembro de 2027.

O segundo Real Decreto establece tamén a creación de numerosas prazas de Fiscais en Fiscalías provinciais, de Área e Seccións territoriais, con data de efectividade o 31 de decembro de 2026.

A creación de prazas xudiciais e fiscais é unha medida necesaria, pero será completamente ineficaz se non se acompaña do incremento proporcional da dotación de postos de funcionarios nas Relacións de Postos de Traballo das diferentes oficinas xudiciais e fiscais que prestan apoio e soporte ás prazas xudiciais e fiscais que se crean. De non facerse, a sobrecarga de traballo xa excesiva que soporta o persoal será inasumible, e lonxe de supoñer unha axilización e mellora da tramitación e resolución dos procedementos xudiciais, retardaraos aínda máis provocando unha deterioración do servizo inaceptable.

Por iso, desde STAJ achegamos escrito á DXX poñendo de manifeiesto todo o exposto e propoñendo o que entendemos sería o mínimo recomendable en canto o aumento do persoal de funcionarios. No caso das prazas xudiciais, que por cada praza creada aumentasen en cinco ás dos funcionarios: dous do corpo de xestión procesual e administrativo, dous do corpo de tramitación procesual e administrativo e un do corpo de auxilio xudicial.

No caso das prazas de fiscais, por cada praza nova, aumentasen ás de funcionarios en  tres: un do corpo de xestión procesual e administrativo, outro do corpo de tramitación procesual e administrativo e un de auxilio xudicial.

Esperemos que ante o escrito presentado desde STAJ a DXX faga súa a nosa proposta, e que antes do 31 de decembro quede establecido en canto se amplia o persoal de funcionarios e de que corpos vanse crear con cada nova praza de xuices e fiscáis teñamos.

Escrito a DXX

Xustificante



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras