lunes, 13 de febrero de 2023

EGAP: convocatoria cursos de ofimática



Hoxe publícase no DOG a convocatoria dos cursos de ofimática impartidos pola EGAP, todos na modalidade de teleformación son de 30 ou 50 horas, dependendo do curso seleccionado. Só se pode inscribir como máximo en tres cursos. 

Os cursos ofertados son os seguintes:

- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).
- Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
- Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office
2019).
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/
Linux Debian 9).
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno
Windows 10)


O prazo de presentación de solicitudes será dende o 14 ao 20 de  febreiro de 2023, ambos inclusive.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Destinatarios/as: persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encontre en situación de servizo  activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) 

Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados no seguinte enlace https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras