lunes, 20 de febrero de 2023

EGAP: Cursos de idiomas para a Administración de Xustiza

No DOG hoxe publícase a resolución do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES:

-Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia, e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

SOLICITUDES:

-Prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 1 de marzo de 2023.
-As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
-O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.
-Debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:

– Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.

– Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.

-As solicitudes só poderán realizarse de forma telemática no seguinte enderezo electrónico da Escola Galega de Admón Publica: 

RENUNCIA:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:
-Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
-Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das -responsables dos centros directivos.
-Por razóns de conciliación familiar.
-Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa.


Preme aqui para acceder a listaxe dos cursos, duración e datas: ANEXO II


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras