Finalizada a reunión do Comité de Seguridade e Saúde laboral, deixámosvos os puntos máis importantes que se trataron nela segundo a seguinte orde do día:
-Protocolo de acoso laboral e outras condutas discriminatorias.
-Información sobre a Programación anual en prevención de riscos laborais para 2023.
O director xeral comezou enumerándonos os cambios definitivos que se ían a levar cabo na redacción definitiva do Protocolo de Acoso Laboral que se vai a implantar para a Administración de Xustiza en Galicia, destacando as alegacións que levamos a cabo as organizacións sindicais na súa elaboración.
O Protocolo de
Acoso Laboral trata de ser un procedemento áxil, rápido, eficaz e sinxelo. É
unha guía de procedemento. Pero non podemos esquecer que ten que ser eficaz,
solicitando polo STAJ que no ámbito de aplicación quede ben reflectido que
cando algunha das partes implicadas sexa pertencente a outra Administración
pública, este Protocolo debe aplicarse en coordinación coa outra
Administración, sendo necesario unha canle de comunicación entre elas.
Pedimos igualmente que se faga constar de forma específica que este Protocolo tamén inclúe ao persoal dos Imelgas (Director, Subdirectores, etc), persoal que depende da Xunta e que debe aparecer reflectido.
Así mesmo cremos imprescindible que dentro dos obxectivos deste Protocolo inclúanse realizar avaliacións de riscos psicosociais para coñecer a existencia de problemas organizativos ou de centro de traballo, podendo ser a solución estas avaliacións antes de chegarse a situacións de acoso.
Infórmannos
que as condutas de acoso sexual ou por razón de sexo serán reguladas nun
Protocolo específico e diferente vinculado ao plan de igualdade e do que nos
darán traslado proximamente para facer alegacións.
Así mesmo como novidade elaborarase un Protocolo para as oficinas de atención ás vítimas e así ter un funcionamento común de todas elas.
TELETRABALLO: De momento continúa tal e como se estaba levando a cabo. Respecto á repartición dos computadores, maniféstannos que unha vez repartidos os de Vigo procederase á repartición gradual no resto de ámbitos territoriais.
DESFIBRILADORES: están instalados nas 7 cidades grandes de Galicia pasando a implantarse progresivamente de maior a menor nos diversos partidos xudiciais.
Trasladannos
que pediuse orzamento para cortinas, estores... nas localidades de Caldas,
Vilagarcia de Arousa e Ponteareas.
Xulgados de Noia estanse a facer obras de restauración e acondicionamento nel, plantexan a posibilidades de hacer un edificio nas aforas da vila e están a valorar xunto co Concello de Noia dous solares.
EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO: Están a facer a últimas probas para a descarga do expediente xudicial electrónico implica un avance importante para la realización de trámites con abogados e procuradores evitando así a atención con eses profesionais nos xulgados.
Respecto ás peticións de STAJ:
-Solicitamos unha vez máis que as reunións do Comité de Seguridade e Saúde Laboral deben convocarse como mínimo cada 3 meses, sendo incumprido este prazo de forma reiterada por parte da Xunta.
-Staj pregunta ao director xeral sobre a publicación da norma definitiva que regula o Teletraballo e insta a pronta repartición dos portátiles.
-Staj insiste na necesidade de seguimento, control e máxima garantía na substitución e regulación dos filtros de aire acondicionado nos denominados edificios intelixentes tras a pandemia.
-Insistimos na necesidade de retomar o tema en relación ao gas Radon, solicitando medidores: Contéstannos que é un tema pendente que teñen que retomar e que avaliará segundo as directivas europeas.
-Staj pon de manifesto que nalgúns xulgados novos da Cidade da Xustiza de Vigo moitos compañeiros están a ter problemas oculares debido ao exceso de luminosidade existente, solicitando que acuda o persoal de Prevención de Riscos da Xunta para valorar e realizar unha avaliación riscos oportuna, dotándose de estores ditas dependencias xudiciais. A contestación da Xunta é que dotarán de estores con dobre fondo.
-Staj solicita que se doten de teléfonos fixos cada unha das mesas dos xulgados en todas as localidades. Petición realizada en base a que a xustizal dixital así o fai necesario, dado que o soporte en papel vai desaparecer co expediente dixital, e o máis lóxico é dispoñer dun soporte telefónico á beira de cada computador, que é onde se vai a consultar toda a información. Tras esta petición trasládannos a intención e dotar de teléfonos fixos a todas as salas de vistas e que estudarán a petición do Staj para ser implantados en tódalas mesas dos xulgados.
-Seguimos insistindo co problema do sobrepeso do arquivo en Betanzos, pedindo unha valoración específica.
-Así mesmo o Staj empraza ao director xeral de xustiza, como presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, para que convoque unha Mesa Sectorial sobre os xulgados de Violencia sobre a Muller, xa que a situación de carga de carga de traballo e exceso horas nas xornadas laborais destes xulgados superan en moito a normativa establecida, debendo de buscarse solucións urxentes. A contestación do Director Xeral é que a solución pasa por ditar unha instrucción común por parte do TSX onde se estableza as horas e criterios de reparto para todolos xulgados de violencia sobre a muller ou con competencias en violencia, e non tanto pola compensación económica xa que non resolve o problema do exceso de horas traballadas.
-Staj solicita que se poda crear un plan de recuperación de carga mediante unha mesa ou grupo de traballo para establecer unhas bases xerais de traballo pola folga que nos está afectando de maneira directa dos Lajs. O Director Xeral informa que este plan para revertir dita situación debido a folga de letrados é competencia do Ministerio de Xustiza non das Comunidades Autónomas transferidas.
