miércoles, 7 de septiembre de 2022

Expediente xudicial electrónico: Formación nos xulgados

O día 23 de xuño STAJ solicitou a DXX formación previa e presencial a implantación  do expediente electrónico para os traballadores da Administración de xustiza, parece que se nos escoitou e nos próximos días, vaise desenvolver un plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas para apoiar no cumprimento das Instruccións 1/2022, 2/2022 e 3/2022 da Secretaría de Goberno. Agradeceriámosvos a divulgación desta información entre o persoal interesado. 

Supoñemos que haberá máis fases para atender a demanda de tódolos xulgados de Galicia.

Os obxectivos destas sesións son os seguintes: 

  • Impulsar o Expediente Xudicial Electrónico.
  • Difundir boas practicas no uso de documentos dixitais, no cumprimento dos pasos e nos hábitos funcionais de usos dos sistemas para conformar o Expediente Xudicial Electrónico, co obxectivo de garantir a fiabilidade e o correcto procesamento dos datos incluídos no EXE, facilitando o acceso e a explotación da información que contén.
  • Aumentar e fixar o coñecemento sobre os procesos e uso operativo dos sistemas que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico.
  • Divulgar e ampliar o modelo de aprendizaxe e as ferramentas ao servizo dos usuarios desde o seu posto de traballo. Orientar ás persoas usuarias cara a procura da información de soporte nas canles existentes: Intranet e a plataforma de teleformación.
Achegamos documento co plan de reforzo presencial e online nos órganos e, a continuación, trasladámosvos as datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincena de setembro coas que atenderemos órganos de Instrucción, Penal, Menores e Mixtos.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras