ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA.
Publícase no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022 pola que se convoca o Curso superior en protección de datos.
O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nas seguintes categorías:
Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal
funcionario.
No caso de non
cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser
cubertas por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de
servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do
Sistema universitario de Galicia e da Administración
de xustiza concretamente para o corpo de Xestión Procesal e Administrativa .
O curso desenvolverase na
modalidade mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación,
desde o luns 26 de setembro ata o luns 19 de decembro de 2022.
Duración: 106 horas lectivas.
A sesión presencial corresponderase coa sesión
inaugural do curso, que se desenvolverá o luns 26 de setembro de 2022, das
11.30 ás 14.30 horas, no salón de actos da EGAP, rúa rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
As solicitudes de participación nesta
actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula
telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As
solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o
proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto
desde as 8.00 horas de mañán ata
as 23.55 horas do día 18 de setembro de 2022.